Recordámosvos que hoxe xa tedes as actividades na aula virtual e no blog. Algunhas son para facer dende a aula virtual (concretamente as preguntas sobre unha lectura de lingua castelá).
As actividades propostas para o día de hoxe son:
Lingua castelá
Facedes a lectura do seguinte texto
https://drive.google.com/file/d/1Sc22mAyiECOfKeDrqC9sx_m4O3Nt0aPm/view?usp=sharing
E logo as preguntas de comprensión lectora.
Matemáticas
Hoxe empezamos coa resta con números decimais.
Mirade con atención o video explicativo e despois lede detidamente as explicacións da páxina
114 do libro (recadro azul).
Tamén na ficha que vos mando ven una explicación.
Xa veredes como sodes capaces de realizalas!
Ciencias Naturais
Lede de novo as páxinas 82 e 83 .
Despois mirade o vÍdeo e os esquemas que vos mandei.
Por último, intentade facer un esquema das propiedades e outro dos estados da materia, asi ides repasando o máis importante.Podedes facelo en forma de árbore ou con chaves como faciamos na pizarra da clase.
Plástica
Hoxe traémosvos as bonecas "sacapesares". Coñecédelas?
Conta a lenda que os antigos Maias de Guatemala facían estas bonequiñas a man. E para que lle servían? Pois cando tiñan un problema, un pesadelo ou algunha situación que lles preocupase, as persoas Maias contábanllo aos bonequiños, logo puñan o bonequiño debaixo da almofada e ao día seguinte cando espertaban os seus problemas xa desapareceran.
Hai moitas formas de facer estas bonequiñas ou bonequiños (cadaquén que elixa). Aquí traémosvos un exemplo moi sinxelo.
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario