As tarefas propostas para o día de hoxe son:
Lingua castelá.
Matemáticas
Para matemáticas propóñovos un reto. Tedes que colocar os números 9, 5,6,7, 8 e 4 nos cadradiños, pero de tal forma que cando sumedes os cadradiños de dereita a esquerda, de arriba a abaixo ou en diagonal (liña que cruza o cadrado dunha esquina a outra) o resultado sexa sempre 15.
Despois podedes practicar as multiplicacións de dúas cifras.
Podedes enviar esta actividade ao correo cos vosos resultados (non vai ser publicada) a ver quen acerta!
enviocole@gmail.com
Ciencias Sociais
En sociais imos clasificar as augas do planeta. Para iso podedes axudarvos da páxina 68 do libro de texto ou buscar a información en libros, internet...
O que tedes que facer é observar a imaxe e contestar ás preguntas.
Valores
En valores hoxe propóñovos escribir unha carta para o futuro sobre o momento actual que estamos a vivir. Na imaxe aparecen en orden algunhas ideas sobre as cousas que podedes escribir. Podedes cambiar o que queirades pero debedes poñer ao principio unha presentación e ao final unha despedida.
Recordade que hoxe toca Educación Física e que tedes as actividades na etiqueta do blog "Educación Física".
Recórdovos que hoxe é o último día para poder enviar as historias de galego creadas co dado (actividade do pasado xoves). Se non queredes que se publiquen especificádemo na mensaxe.
Un saúdo e moito ánimo !
No hay comentarios:
Publicar un comentario