Que tal estades? Como foi a volta á rutina?
Esperamos que boa!
As tarefas para o día de hoxe son:
Matemáticas
Lingua castelá.
Lingua Galega.
En lingua podedes repasar o vocabulario relacionado coa chuvia ( e así cando vaxades chover pola ventá podedes identificar os tipos de chuvia). Tedes que relacionar cada palabra que aparece dentro da nube, cun dos tres significados que aparecen debaixo da imaxe.
- Chuvia forte de pouca duración.
- Chuvia moi forte.
- Chuvia miúda
Ciencias Naturais.
En naturais imos facer memoria e repasar os diferentes estados nos que se
podía atopar a auga. Déixovos un esquema con eles por se tedes dúbidas. Despois
podedes clasificar os debuxos da seguinte imaxe segundo estean en estado
líquido, sólido ou gasoso.
Tamén podedes aproveitar para facer o seguinte experimento con xeo. Na imaxe que aparece despois do vídeo tedes outro experimento que vos permite observar como se vai derretendo o xeo con cores.
Inglés.
Recordade que hoxe tedes inglés así que pinchade na etiqueta do blog "inglés" para poder facer a tarefa.
Un saúdo e ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario