Bos días !
As actividades propostas hoxe son:
Matemáticas
Aquí vos queda
unha ficha con sinxelos problemas de divisións. Lede ben, porque as divisións
son como as que practicamos en clase (se tedes dúbidas mirade as táboas de
multiplicar, nelas está a resposta).
Se non vedes a imaxe clariña pichade sobre ela e xa mellora
a calidade.
As solucións están postas no cadrado, procurade non mirar ata facer o exercicio. 😉
Inglés
Recordade que tedes actividades para practicar inglés na etiqueta
do blog de inglés. Estade atentos que de seguro hai novidades.
Lingua castelá
Aquí vos quedan unhas fichas para repasar a ortografía "m antes de p e b". Nas imaxes do lado aparecen as solucións.
Ciencias naturais
Hoxe en Naturais imos repasar algúns órganos dos seres
humanos. Fai un debuxo do tronco (a parte que vai dende o pescozo ata as
cadeiras aproximadamente) e coloca os
seguintes órganos no seu lugar: esófago, pulmóns, corazón, fígado, tráquea, estómago,riles, intestino groso, intestino
delgado, uréteres e os bronquios
Aquí vos deixo un exemplo do resultado final, podedes
poñerlle o nome aos órganos.
Se tedes dúbidas consultade o libro de naturais no tema 3.
Lingua Galega
En lingua galega propóñovos un reto aprender este
trabalinguas para dicilo en voz alta o máis rápido que poidades e sen
trabucarse. Despois podedes inventar o voso propio trabalinguas e pasalo (cunha
foto vale) polo correo de terceiro (enviocole@gmail.com
) despois publicarémolos xunto as outras creacións.
Antes de despedirme quero recordarvos que non é preciso
imprimir, podedes facer as actividades directamente nun papel, na tablet ou no
ordenador. Podedes coller as imaxes editalas e facer as actividades
directamente sobre as imaxes, se as facedes en papel non é preciso que copiedes
todo. Tampouco tedes que facer todas as tarefas, facede só as que poidades.
Un saúdo e ata pronto.
Moito ánimo e ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario