As tarefas propostas para o día de hoxe son:
Lingua galega.
Para lingua galega deixámosvos un xogo para crear historias. Só precisades un dado, e se non o tendes escribides en 6 papeliños os números do 1 ao 6, metédelos nunha bolsiña e sacades un ao azar. Cando vos saia un número buscádelo na seguinte táboa e tedes que crear unha historia coas pautas que vos aparecen. Por exemplo:
Tirei o dado e tocoume o número 3, pois teño que crear unha historia onde un unicornio está no cole e entra na sala de profes.
A historia ten que ter como moito 10 liñas.
Podedes enviar as vosas historias (a través dunha imaxe ou pdf) ao correo terceroycuartolourido2020@gmail.com Tendes ata o martes 21 para envialas. Publicarémolas o día seguinte, se non queredes que se publique poñédemo na mensaxe.
Ciencias Sociais
Resolvedes as seguintes cuestións. Consultade o libro de texto ante a dúbida.
Valores
Valores.
Para o alumando de valores tedes un “Termómetro das emocións” .
Para facelo podedes copiar a plantilla que vos deixo neste enlace:
Unha vez feito, podedes poñelo nun lugar visible e cada día escribides a data
e o voso nome ao lado do corazón que represente o voso estado de ánimo.
Tamén podedes facer círculos, cada un dunha cor a xogo cos corazóns, e nos círculos podedes escribir consellos para que o voso día mellore.
Aquí vos deixo un exemplo.
Recordade que hoxe tamén tedes Educación Física e que podedes atopar as actividades propostas na etiqueta da dereita do blog "Educación Física".
E ata aquí todo por hoxe. Espero que teñades unha gran fin de semana.
Un saúdo e ata pronto!😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario