Seguro que durante todos estes días en moitas casas estades a facer biscoitos, pan, doces... E seguro tamén que a moitas desas creacións lle engadides unha cousiña que se chama lévedo ou "levadura". Pero sabedes realmente o que é o lévedo? E por que é tan importante para que case todos os doces o leven?
Podedes investigar aquí abaixo no seguinte link 👇
Aquí van as actividades de hoxe:
Lingua castelá
Continuamos a repasar as palabras con ll e introducimos agora algunhas que levan y.
(soluciones:mantequilla, construyeron, desayuno, hoyo, morcilla, royendo, palillo, banquillo)
Soluciones: (trampilla, jeringuilla, balconcillo, azucarillo, lentilla, pececillo, escobilla, chaquetilla
lluvia, distribuyó, ardilla, oyes, influye, llenar, atropellar, reyes ).
Matemáticas
Hoxe en matemáticas imos centrarnos un pouquiño mais nas divisións. Tedes que:
-Calcular.
-Dicir se son exactas ou enteiras.
-E facer a proba da división.
8:2 18:4 24:6 45:8
Esta actividade podedes atopala completa (por se queredes facer máis contas) no libro na páxina 104.
Logo ides intentar facer estas divisións:
46:4 63:5
Para investigar como se fan déixovos os seguintes recursos:
Vídeo :
DIVIDIR AVANCE
Apuntamentos (na páxina 5 explica concretamente como se fan estas divisións cando a primeira cifra do dividendo e igual ou maior ao divisor). Información división
Ciencias Sociais
Imos comezar o tema 1. Para iso ides ler a páxina 6 " O lugar onde vivo" e buscades no dicionario as palabras resaltadas en negriña. Recordade que podedes facelo de forma online "etiqueta buscar no dicionario"
Valores
Agora que podemos saír ás rúas, cumprindo unhas normas, imaxina que ves a un grupo de nenos xogando todos xuntos, compartindo xoguetes, dándose apertas ... Ti tes que avisalos de que iso agora mesmo non se pode facer, teñen que cumprir as normas. Como o farías?
O alumnado de relixión tedes o blog na etiqueta"relixión".
Un saúdo e ata pronto!

Como o farías?

No hay comentarios:
Publicar un comentario