Que tal estades? Espero que moi ben!
As tarefas para o día de hoxe son:
Matemáticas
As actividades para matemáticas son un repaso da descomposición numérica. Tedes un exemplo na primeira actividade. Recordade que o signos < > empréganse cando:
- O número da esquerda é máis pequeno 2 < 10.
- O número da esquerda é máis grande 8 > 1.
Lingua castelá.
En lingua castelá déixovos unha actividade de repaso da orde alfabética.
Ciencias sociais.
Para
ciencias sociais vouvos deixar un enlace no que podedes ver as imaxes que grava
a Estación Espacial internacional en Directo.
Recoméndovos que si vos pica a curiosidade, entredes en diferentes
partes do día, pois si está a atravesar unha zona nocturna non vaise ver todo
escuro.
Para
o alumando de valores tedes un “Termómetro das emocións” .
Para
facelo podedes copiar a plantilla que vos deixo neste enlace:
Unha
vez feito, podedes poñelo nun lugar visible e cada día escribides a data
e
o voso nome ao lado do corazón que represente o voso estado de ánimo.
Tamén
podedes facer círculos, cada un dunha
cor a xogo cos corazóns, e nos círculos podedes escribir consellos para que o
voso día mellore.
Aquí
vos deixo un exemplo.
Recordade que tamén temos Educación Física, así que podedes acceder a través da etiqueta da dereita.
Un saúdo e moito ánimo! 😃
No hay comentarios:
Publicar un comentario