As tarefas propostas para o día de hoxe son:
Lingua galega
En
galego podedes repasar os artigos. Tedes que ler as frases e completar cun dos
artigos que vos aparecen no lateral.
As solucións aparecen na seguinte imaxe.
Despois podedes facer a seguinte ficha con adiviñas. Podedes léelas en voz alta, memorizalas e recitalas... O que se vos ocorra!
Ciencias sociais.
En sociais completadas unha actividade sobre a poboación, se
tedes dúbidas mirade o libro.
Despois podedes seguir repasando cun encrucillado. Podedes facelo online ou directamente coa imaxe.
Valores
Para valores propoñémosvos crear un “tarro da felicidade”.
O tarro da felicidade funciona da seguinte maneira:
1º Escolledes un tarro/bote con tapa e poñédeslle de título tarro da felicidade.
2º Recortades tiras de papel de cores, reciclado... calquera anaquiño que vos permita escribir unha frase vale.
3º Cada noite antes de ir a durmir ou cear pensades no momento do día que vos fixo sentir máis felices e escribídelo no papeliño. Ten que ser unha frase pequena e curta (non máis de 10 palabras).
4º Pola parte de atrás poñédeslle a data, enroládelo moi ben e metédelo dentro do tarro da felicidade.
Podedes facelo en familia, que cada persoa meta un papeliño, elixir un momento entre toda a familia, cun irmán, individualmente... vós elixides como o facedes.
5º Cando teñades un mal día podedes recordar eses pequenos momentos que vos fixeron sentir tan felices.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades un modelo de tarro da felicidade.
Inglés e educación física
Recordade que tedes actividades de ámbalas dúas materias no blog. Só tedes que facer clik na etiqueta inglés ou educación física e xa vos aparecen.
Un saúdo e moito ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario