jueves, 16 de abril de 2020

Xoves 16/04. Tarefas 3º

Bos días!


As tarefas que propoñemos para o día de hoxe son: 

Lingua galega. 

Para lingua galega deixámosvos un xogo para crear historias. Só precisades un dado, e se non o tendes escribides en 6 papeliños os números do 1 ao 6, metédelos nunha bolsiña e sacades un ao azar.  Cando vos saia un número buscádelo na seguinte táboa e tedes que crear unha historia coas pautas que vos aparecen. Por exemplo: 

Tirei o dado e tocoume o número 3, pois teño que crear unha historia onde un unicornio está no cole e entra na sala de profes. 

A historia ten que ter como moito 10 liñas. 

Podedes enviar as vosas historias (a través dunha imaxe ou pdf) ao correo enviocole@gmail.com Tendes ata o martes 21 para envialas.  Publicarémolas o día seguinte, se non queredes que se publique poñédemo na mensaxe.

Lingua castelá 

Para lingua castelá tedes que imaxinar que sodes profes e alguén escribiu o seguinte texto. Ten moitas faltas que debedes corrixir. Despois comprobade se o fixestes ben  coa seguinte imaxe, onde aparece o mesmo texto sen faltas. 






Matemáticas 

Facedes as seguintes multiplicacións. 




Ciencias Sociais
Repasamos de novo o ciclo da auga co seguinte debuxo. Tendes que colocar na orde correcta as frases. Podedes consultar no libro de sociais na páxina 70. No de naturais tamén aparece na páxina 86. 

Tamén podedes facer o experimento do ciclo da auga: 


Recordade que hoxe tamén tedes Educación Física e que podedes ver as actividades propostas na etiqueta da dereita do blog "Educación física". 


Un saúdo e ata pronto. 













No hay comentarios:

Publicar un comentario