De seguro que durante todo este tempo na radio, na televisión, nas noticias... escoitastes teorías sobre a orixe do coronavirus. Unha delas é a que di que provén dun morcego ou se o traducimos ao castelán un " murciélago" ou... tal vez se di "murciégalo"? Vos que credes?
Para atopar a resposta o mellor que podedes facer é buscar no dicionario da RAE (Real Academia Española) igual vos sorprendedes co que atopades!! Deixamos link aquí 👇
Aquí vos deixamos as actividades para o día de hoxe:
Lingua galega
En galego ides repasar as palabras con r e rr. Recordade:
- O r soa forte:
- Ao principio de palabras: rocha
-Despois de n, l, s: enredadeira
-Cando vai escrito entre vogais: gorro, carreta
- No resto de casos soa suave: area, mar...
Logo facede as seguintes actividades. Buscade as palabras no dicionario se non recordades o significado. Tedes o titorial na etiqueta de "Buscar no dicionario".
Matemáticas
Hoxe en matemáticas imos repasar as restas con levadas para practicar a resta, pois mañá comezaremos a restar con decimais. Facede a proba da resta para saber si están ben .
Lingua castelá
Para lingua castelá déixovos un repaso de ortografía coas palabras rematadas en -d e en -z. Na parte de arriba da páxina faivos un pequeno recordatorio.
A actividade 5 non se fai.
Logo dádelle a enviar a mi profesora ( podedes enviar a ficha a través do ordenador, móbil ou tablet) ao correo terceroycuartolourido@gmail.com
Música
Recordade visitar o blog de música que podedes atopar na etiqueta "Música " xa que a profe está a poñer actividades. Cada curso ten a súa entrada. Para enviarlle as actividades á profe de música podedes facelo a través de fotos ou vídeos (dependendo da actividade) ao correo musicaceiplourido@gmail.com
E ata aquí todo por hoxe !
No hay comentarios:
Publicar un comentario