Bos días!
De seguro que durante todo este tempo na radio, na televisión, nas noticias... escoitastes teorías sobre a orixe do coronavirus. Unha delas é a que di que provén dun morcego ou se o traducimos ao castelán un " murciélago" ou... tal vez se di "murciégalo"? Vos que credes?
Para atopar a resposta o mellor que podedes facer é buscar no dicionario da RAE (Real Academia Española) igual vos sorprendedes co que atopades!! Deixamos link aquí 👇
Lingua galega
En galego ides repasar as palabras con r e rr. Recordade:
- O r soa forte:
- Ao princioio de palabras: rocha
-Despois de n, l, s: enredadeira
-Cando vai escrito entre vogais: gorro, carreta
- No resto de casos soa suave: area, mar...
Logo facede a seguinte actividade. Buscade as palabras no dicionario se non recordades o significado. Tedes o titorial na etiqueta de "Buscar no dicionario".
Lingua castelá
Para lingua castelá imos facer un repaso do tema 7. Para iso podedes cubrir a seguinte ficha online e enviala ao correo enviocole@gmail.com
Matemáticas
Imos a seguir repasando as divisións. Podedes facelas no link ( a través do ordenador, móbil ou tablet) e enviala a enviocole@gmail.com. Non é preciso facelas todas, a puntuación que vos aparece na imaxe é automática, as profes non a temos en conta.
Se non saen as divisións anteriores facedes este exercicio coa axuda da táboa do 2.
Ciencias Naturais
En naturais imos ver a páxina nove do libro. No link 👇 déixovos un esquemiña que podedes completar con información do libro.
https://drive.google.com/file/d/1KEXiJ16G_UV44WebpdSpuNzqT7UClUSt/view?usp=sharing
A páxina do libro.
A páxina do libro.
Tamén podedes ver o seguinte vídeo e se atopades algunha información relevante, xa sabedes que podedes apuntala!
Inglés
Hoxe teredes colgadas novas actividades de inglés, recordade ver a etiqueta!!
RECORDATORIO DE MÚSICA*****
Recordade visitar o blog de música que podedes atopar na etiqueta "Música " xa que a profe está a poñer actividades. Cada curso ten a súa entrada. Para enviarlle as actividades á profe de música podedes facelo a través de fotos ou vídeos (dependendo da actividade) ao correo musicaceiplourido@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario