martes, 31 de marzo de 2020

RECORDATORIO!


Lembrade que a través do seguinte enlace tedes acceso ás actividades propostas para a materia de música.


Non vos esquezades de visitar o blog da biblioteca onde seguen aparecendo as pistas para adiviñar os misterios da biblio!
Aquí queda o enlace:


http://bibliolourido.blogspot.com/

Novedades en inglés!



Actividad para 3º y 4º. Escucha el cuento y dibuja al Gruffalo  


En este enlace tenéis actividades sobre el cuento. 





Un saludo! 

Martes 31. Tarefas para 4º.

Bos días! 

As tarefas para o día de hoxe son: 

Inglés 

Tedes actividades de inglés na etiqueta do blog “inglés”.


Lingua galega 


Aquí vos queda unha actividade de comprensión lectora. 

Lede a modo para comprender ben o texto. Despois resolvede as preguntas. 
https://drive.google.com/file/d/1QPuoY-EKVc3afrasA59r79IsnzC7fa6i/view?usp=sharing

Despois podedes repasar vocabulario da roupa coa seguinte sopa de letras, podedes facela online ou a través da imaxe.  
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5329642-a_roupa.html 





Matemáticas. 

Facedes a seguinte ficha. 



Ao rematar facedes as seguintes divisións coa súa proba correspondente.

4978:63 

4523:91

4409:74 


Ciencias Naturais 


Facedes o seguinte repaso. 



Moito ánimo e un saúdo! 






Martes 31. Tarefas para 3º

Bos días! 

As tarefas para o día de hoxe son: 

Matemáticas.


Facedes os seguintes problemas. Fixádevos que vos pregunta sempre as cousas que hai en total. Para facer as multiplicacións por varias cifras recoméndovos que usedes cores, tal e como vos indico no exemplo, así non mesturades as que levades. 







Problemas


Solución (170.346)

 Solución (12.120)
 Solución (122.628)


Lingua castelá 


Na seguinte ficha tedes que subliñar (non fai falla imprimir en lugar de subliñar escribídelos en tres columnas, tal e como aparece na parte inferior da imaxe) nomes e adxectivos. NON é preciso que fagades a parte de verbos, é un texto moi longo e aínda non os traballamos en profundidade.  




Ciencias Sociais 


 Coa axuda do libro ordena as imaxes por orde cronolóxica comezando polo máis recente e rematando pola máis antiga. Despois pon o nome de cada etapa. Emprega o libro se precisas axuda. 




Logo, relaciona os seguintes termos coa súa definición. 

Solucións (1-prehistoria; 3-Idade Antiga; 2-Idade Media; 4-Idade Moderna; 5- Idade Contemporánea)
Solucións (As fontes históricas son todo aquilo que nos pode ofrecer información...As idades da historia son os períodos nos que....) 
Valores 


Para valores propóñovos crear un “tarro da felicidade”.
O tarro da felicidade funciona da seguinte maneira:

1º Escolledes un tarro/bote con tapa e poñédeslle de título tarro da felicidade.

2º Recortades  tiras de papel de cores, reciclado... calquera anaquiño que vos permita escribir unha frase vale.

3º Cada noite antes de ir a durmir ou cear pensades no momento do día que vos fixo sentir máis felices e escribídelo no papeliño. Ten que ser unha frase pequena e curta (non máis de 10 palabras).

4º Pola parte de atrás poñédeslle a data, enroládelo moi ben e metédelo dentro do tarro da felicidade.


Podedes facelo en familia, que cada persoa meta un papeliño, elixir un momento entre toda a familia, cun irmán, individualmente... vós elixides como o facedes. 

5º Cando teñades un mal día podedes recordar eses pequenos momentos que vos fixeron sentir tan felices. 




Aquí vos deixo algunhas imaxes para que vexades un modelo de tarro da felicidade.

 Educación Física 

Recordade que tendes propostas de educación física para facer a través da web do centro, ou nas etiquetas do blog. 

Un saúdo!





lunes, 30 de marzo de 2020

IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS.


Ante a posibilidade de que a situación que estamos a vivir dure máis do previsto é necesario que as familias que aínda non teñan descargada a aplicación de abalar móbil a descarguen, pois será a canle de comunicación oficial coas titoras de 3º e 4º de primaria.


Cando descarguedes a aplicación as mestras enviarémosvos unha mensaxe para solicitar información sobre o acceso aos dispositivos con conexión a internet do noso alumnado. Esta información só se pode solicitar a través de abalar, pois é a única canle que asegura  a privacidade e seguridade da mensaxe.

Un saúdo e grazas. 

Luns 30. Tarefas para 3º.

Bos días! 

Que tal a fin de semana? Esperamos que moi ben! 


Queremos recordarvos que o alumnado de 3º podedes enviar os debuxos dos arcos da vella e dos menús saudables ao seguinte correo:

enviocole@gmail.com 

As tarefas para o día de hoxe son:

Lingua Castelá 


Un repaso do 1º trimestre. Vai aparecer a palabra substantivos, non vos preocupedes, significa o mesmo que nomes. Por exemplo a palabra “coche” dicimos que é un nome común ou un substantivo común. 

As solucións da actividade son as seguintes ( déixovolas en lingua castelá ) :

1.  Soluciones : abuelo, azul, oso, haber, indio, hilo, almohada, humo, oler, estrella, hueso, hielo, antena, huevo,      zanahoria.
2. Sustantivos: Madrid, libro, niño, señora,pastel, dulce. 
   Adjetivos: inteligente, alto, rápido, alegre, bonita, inteligente.
3. Sinónimos (pueden ser otros) contento, enorme, lejano.
    Antónimos triste, pequeño, cerca. 

Lingua Galega 

Facedes unha sopa de letras dos alimentos. Podedes facela coa imaxe ou online no seguinte enlace: 
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5270432-alimentos.html






Ciencias Naturais 

Completade o seguinte esquema, para iso podédesvos axudar da páxina 66 do libro, ou mellor aínda buscar información en intenet ou en libros que teñades na casa. 


Esta actividade tamén a podedes enviar ao correo de terceiro.



Recordade que hoxe tamén tedes música e inglés así que practicade un pouquiño a través dos enlaces da web do cole, e mediante as etiquetas do blog.


Un saúdo e vémonos pronto! 🌝


Luns 30. Tarefas para 4º.

Bos días e feliz semana!


Que tal estades? Esperamos que moi ben.

Recordámosvos que podedes enviar os vosos traballos do arco da vella ao correo:
terceroycuartolourido2020@gmail.com 

As tarefas para hoxe son:

Lingua castelá
Facer a ficha de repaso, pichade no enlace para poder visualizala.

https://drive.google.com/file/d/1-QzxKoC6CKKXuww5AYKP-euJHjl9KB18/view?usp=sharing


Matemáticas 

Repasar os decimais coa seguinte ficha.



E repasades tamén as divisións, aquí vos deixo algunhas contas, facede a proba da división para comprobar que vos saíron ben.
 1597: 31 

2601: 42 

3449:53 

Ciencias sociais

Rematades de facer a ficha do día anterior, facedes os exercicios 4, 5, 6 e 7. 


Educación Física 

Recordade que tedes exercios de educación física na web do cole, e na etiqueta do blog.


Un saúdo, vémonos pronto!

viernes, 27 de marzo de 2020

!Respiración Arcoíris!

¡Hola chicas y chicos! 

¿Qué tal estáis? Esperamos que muy bien. 

Ya sabemos que estar tanto tiempo en el mismo lugar nos puede generar nervios o incluso un poco de ansiedad, por eso, hoy os traemos esta técnica para mantener la calma y la tranquilidad. 

Se trata de un ejercicio para concentrarse y respirar profundamente. Los pasos a seguir están explicados en la imagen. 

!Esperamos que os guste y os pueda ayudar! 





Venres 27. Tarefas para 3º

Bos días!

As tarefas para o día de hoxe son:

Ciencias sociais

Coa axuda do tema 6 do libro  facede o seguinte crucigrama online de repaso. Podedes repetila as veces que queirades e tamén poñer a proba as vosas familias!  

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5289446-canto_sabes_da_historia.html

Tamén o tedes en formato ficha no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/10TtDXLd-O8v9km5CGBysuUjTURzMt6Tt/view?usp=sharing

Lingua Galega 

Aquí vos queda unha ficha para buscar adxectivos, nomes... tamén inclúe verbos, podedes non buscalos, aínda que así xa ides practicando. Se tedes dúbidas buscade no libro. Na parte inferior da ficha veñen as respostas, comprobade a actividade unha vez resolta. 

https://drive.google.com/file/d/1GW66aw0-wC-6ekMmGZwyIe28Alt5_1-Y/view?usp=sharing

Matemáticas 

Facedes os seguintes problemas. 




Despois repasade as táboas con este xogo. Elixide un nivel alto cando poidades que a táboa do 1 xa sabemos que a sabedes á perfección!😉
https://www.tablasdemultiplicar.com/con-gatos.html


Plástica. 

A tarefa de plástica desta semana é a proposta na entrada do blog "A arte na fiestra" https://terceroycuartolourido.blogspot.com/2020/03/a-arte-na-fiestra.html

Recordade que tamén podedes repasar inglés facendo algunha das tarefas que vos propuxo a profe. Pinchade na etiqueta "Inglés" no lado dereito do blog e buscade tarefas para 3º. 

E isto é todo por hoxe! Esperamos que teñades unha gran fin de semana!

Recordade que podedes seguir practicando a través de xogos didácticos durante a fin de semana. 

Un saúdo e moito ánimo!! Xa queda unha semana menos para poder saír e ir ao parque e ao cole 😉









Venres 27. Tarefas para 4º.

Bos días! 

As tarefas para hoxe son: 

Lingua galega

Aquí vos queda unha ficha con oracións para atopar adxetivos, verbos, artigos... 
As correccións das actividades propostas están na parte inferior para que as poidades corrixir cando rematedes. 


https://drive.google.com/file/d/1GW66aw0-wC-6ekMmGZwyIe28Alt5_1-Y/view?usp=sharing


Ciencias sociais

Facedes só a primeira ficha, os exercicios 1,2 e 3. Trátase dun repaso do tema de poboación, consultade o libro se tedes algunha dúbida.

https://drive.google.com/file/d/18DgXFc3KJx7HQs3WOrDJ-iV8YDjzqgxX/view?usp=sharing


Recordade que hoxe tamén toca facer un pouco de Educación física. 

Para o alumnado de valores se  pinchades na etiqueta “Valores" atoparedes unha actividade  "Queredes aprender linguaxe de signos?" para aprender a presentarse en linguaxe de signos. Despois podedes practicar o saúdo cando saiades a aplaudir polos balcóns. 



Isto é todo por hoxe.  

Podedes seguir repasando se queredes a través de xogos didácticos durante a fin de semana. 
Tamén é importante que desconectedes e aproveitedes para estar coa familia!

Esperamos que teñades unha boa fin de semana!

Un saúdo  e ata luns! 🌝

Inglés para 4º

Hello everybody!

Actividades para cuarto:

1º Mira el vídeo y repite. Dibuja  tu comida favorita y escribe el nombre.


2º Dibuja una ciudad y escribe los nombres de los lugares.



Un saludo y mucho ánimo!!

Inglés para 3º

Hello everybody! 

¡Buenos días chicas y chicos!

Aquí os dejo las tareas que podéis hacer para repasar inglés. 

1º Mira este vídeo y después escribe tu comida favorita y escribe su nombre. 



2º Escucha y repite.



3º Mira este vídeo. Dibuja y describe a tu animal favorito. 



Mucho ánimo! 

jueves, 26 de marzo de 2020

Alumnado de 3º e 4º.

Boas nenas e nenos!


As mestras gustaríanos darlle visibilidade aos traballos artísticos que estades a crear, especialmente aos de plástica, por iso vos invitamos a que nos enviedes as imaxes dos arcos da vella que vos propuxemos facer a semana pasada. Despois publicaremos as imaxes dos debuxos neste blog. 

Podedes poñer o o voso nome no debuxo, pero non deben sair apelidos nin outros datos que vos identifiquen.

O alumnado de cuarto pode enviar os seus traballos ao correo: terceroycuartolourido2020@gmail.com

O alumnado de terceiro pode enviar os seus traballos ao correo:

Animámosvos a participar!

Xa queda un día menos para  poder saír!



Resultado de imagen de emoji dedo arriba

Alumnado de 3º


Boas nenas e nenos! Como estades?

O mércores para ciencias naturais propúxose crear o menú completo para un día (almorzo comida, cea e merendas). A proposta que vos facemos é a seguinte: enviarnos  unha imaxe co voso menú, e como moito e se queredes, co voso nome (na imaxe non deben saír máis datos vosos). Despois as profes publicaremos os vosos menús para que lle sirvan de inspiración a outras familias.

O correo para enviar as imaxes é o seguinte : enviocole@gmail.com


Esperamos a vosa participación!

Un saúdo e moito ánimo! 

Xoves 26 . Tarefas para 4º.

Bos días! 

Que tal estades?

Aquí vos quedan as tarefas para o día de hoxe. 

Matemáticas 

Podedes seguir repasando de forma online a comparación de fraccións no seguinte enlace (recordade habilitar adobe flash player):

Despois facedes os seguintes problemas:







Lengua castellana



Soluciones: bata, bebé, avión, vía, bolsa, uvas, velero, nieve, bolos, boda, labio y pavo. 


Soluciones: bombero, vela, móvil, volante, cabra, bufanda, lluvia, hamburguesa, ovillo, abrazo, viento y cabaña. 

Ciencias naturais.

Completar o seguinte esquema. 



Recordade que hoxe  tedes plástica e a actividade proposta podedes atopala na entrada do blog "A arte na fiestra"  ou na etiqueta de plástica. 

Un saúdo e moito ánimo!


Xoves 26. Tarefas para 3º.

Bos días!

As tarefas  propostas para hoxe son:

Matemáticas 
Repasamos as aproximacións ás decenas.


E facemos as seguintes multiplicacións por tres cifras Recordade colocar coa orde correspondente os números e non vos esquezades das levadas.

142 x 309 = (43878)  e  883 x 470 = (415.010)


Aquí vos queda unha explicación por si alguén non se lembra como se facían.




Lengua castellana 

Escribir con letra los siguientes números:

1.935 

92.459 

78. 679 

59

121

23 

(mil novecientos treinta y cinco)
(noventa y dos mil cuatrocientos cincuenta y nueve) 
(setenta y ocho mil seiscientos setenta y nueve)
(cincuenta y nueve) 
(ciento veintiuno) 
(veintitrés) 

Lingua Galega  

Completa o seguinte texto  coa letra h cando corresponda.

A irmá de elena fai unas galletas deliciosas. Ela di que non teñen ninguna istoria. Bate todo nuna cazola, e ao forno. Para saber se están listas, pica cuna agulla. Algunas veces encárganllas do otel para os almorzos!

Despois podes correxir mirando a imaxe.


Ciencias sociais 

Aquí vos queda  o test " Canto sabes da prehistoria?" 


A resposta a todas as preguntas aparecen no vídeo que vos deixara na anterior sesión de sociais, volvo a poñer o link por se queredes repasar. 




Recordade que os xoves hai educación física, así que non vos esquezades de facer algo de exercicio físico!

Un saúdo e moito ánimo!!