Boas!
Como xa sabedes maña xoves 19 e venres 20 son días de ponte no noso centro e por iso non
imos subir novas actividades ao blog. A pesar disto as mestras queremos
propoñervos unhas tarefas para que ninguén se aburra.
Unha das nosas propostas é crear un cómic que trate sobre as
vosas amizades, o que faredes o día que saiades das casas, o que vos gustaría
facer en lugar de estar na casa... Imaxinación ao poder! Para poder facer os
debuxos das personaxes aquí vos deixamos un enlace de Youtube onde ensinan a
facer caras de personaxes https://www.youtube.com/watch?v=WC1DTyh0ZHs
Outra tarefa é pensar 10 ideas coas que poidades axudar ás
vosas familias durante estes días nos que temos que permanecer xuntos e
convivir.
Tamén é necesario que poidades relaxarvos un pouco, así que
aquí van unhas cantas posturas de ioga por se queredes practicar. Só necesitades un pouco de música relaxante, ou se tedes a sorte de ter xardín aproveitade para escoitar a natureza.
Por certo, non esquezades ler un pouquiño todos os días!
Moito ánimo e boa ponte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario