As tarefas para o día de hoxe son:
Ciencias sociais
Coa axuda do tema 6 do libro facede o seguinte crucigrama online de repaso. Podedes repetila as veces que queirades e tamén poñer a proba as vosas familias!
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5289446-canto_sabes_da_historia.html
Tamén o tedes en formato ficha no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/10TtDXLd-O8v9km5CGBysuUjTURzMt6Tt/view?usp=sharing
Lingua Galega
Aquí vos queda unha ficha para buscar adxectivos, nomes... tamén inclúe verbos, podedes non buscalos, aínda que así xa ides practicando. Se tedes dúbidas buscade no libro. Na parte inferior da ficha veñen as respostas, comprobade a actividade unha vez resolta.
https://drive.google.com/file/d/1GW66aw0-wC-6ekMmGZwyIe28Alt5_1-Y/view?usp=sharing
Matemáticas
Facedes os seguintes problemas.
Despois repasade as táboas con este xogo. Elixide un nivel alto cando poidades que a táboa do 1 xa sabemos que a sabedes á perfección!😉
https://www.tablasdemultiplicar.com/con-gatos.html
Plástica.
A tarefa de plástica desta semana é a proposta na entrada do blog "A arte na fiestra" https://terceroycuartolourido.blogspot.com/2020/03/a-arte-na-fiestra.html
Recordade que tamén podedes repasar inglés facendo algunha das tarefas que vos propuxo a profe. Pinchade na etiqueta "Inglés" no lado dereito do blog e buscade tarefas para 3º.
E isto é todo por hoxe! Esperamos que teñades unha gran fin de semana!
Recordade que podedes seguir practicando a través de xogos didácticos durante a fin de semana.
Un saúdo e moito ánimo!! Xa queda unha semana menos para poder saír e ir ao parque e ao cole 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario