lunes, 30 de marzo de 2020

Luns 30. Tarefas para 3º.

Bos días! 

Que tal a fin de semana? Esperamos que moi ben! 


Queremos recordarvos que o alumnado de 3º podedes enviar os debuxos dos arcos da vella e dos menús saudables ao seguinte correo:

enviocole@gmail.com 

As tarefas para o día de hoxe son:

Lingua Castelá 


Un repaso do 1º trimestre. Vai aparecer a palabra substantivos, non vos preocupedes, significa o mesmo que nomes. Por exemplo a palabra “coche” dicimos que é un nome común ou un substantivo común. 

As solucións da actividade son as seguintes ( déixovolas en lingua castelá ) :

1.  Soluciones : abuelo, azul, oso, haber, indio, hilo, almohada, humo, oler, estrella, hueso, hielo, antena, huevo,      zanahoria.
2. Sustantivos: Madrid, libro, niño, señora,pastel, dulce. 
   Adjetivos: inteligente, alto, rápido, alegre, bonita, inteligente.
3. Sinónimos (pueden ser otros) contento, enorme, lejano.
    Antónimos triste, pequeño, cerca. 

Lingua Galega 

Facedes unha sopa de letras dos alimentos. Podedes facela coa imaxe ou online no seguinte enlace: 
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5270432-alimentos.html






Ciencias Naturais 

Completade o seguinte esquema, para iso podédesvos axudar da páxina 66 do libro, ou mellor aínda buscar información en intenet ou en libros que teñades na casa. 


Esta actividade tamén a podedes enviar ao correo de terceiro.



Recordade que hoxe tamén tedes música e inglés así que practicade un pouquiño a través dos enlaces da web do cole, e mediante as etiquetas do blog.


Un saúdo e vémonos pronto! 🌝


No hay comentarios:

Publicar un comentario