viernes, 27 de marzo de 2020

Venres 27. Tarefas para 4º.

Bos días! 

As tarefas para hoxe son: 

Lingua galega

Aquí vos queda unha ficha con oracións para atopar adxetivos, verbos, artigos... 
As correccións das actividades propostas están na parte inferior para que as poidades corrixir cando rematedes. 


https://drive.google.com/file/d/1GW66aw0-wC-6ekMmGZwyIe28Alt5_1-Y/view?usp=sharing


Ciencias sociais

Facedes só a primeira ficha, os exercicios 1,2 e 3. Trátase dun repaso do tema de poboación, consultade o libro se tedes algunha dúbida.

https://drive.google.com/file/d/18DgXFc3KJx7HQs3WOrDJ-iV8YDjzqgxX/view?usp=sharing


Recordade que hoxe tamén toca facer un pouco de Educación física. 

Para o alumnado de valores se  pinchades na etiqueta “Valores" atoparedes unha actividade  "Queredes aprender linguaxe de signos?" para aprender a presentarse en linguaxe de signos. Despois podedes practicar o saúdo cando saiades a aplaudir polos balcóns. 



Isto é todo por hoxe.  

Podedes seguir repasando se queredes a través de xogos didácticos durante a fin de semana. 
Tamén é importante que desconectedes e aproveitedes para estar coa familia!

Esperamos que teñades unha boa fin de semana!

Un saúdo  e ata luns! 🌝

No hay comentarios:

Publicar un comentario