Boas
a todas e a todos!
Que
tal estades? Esperamos que ben!
Sabemos
que é unha situación especial pero pronto todo isto pasará e volveremos ás
nosas rutinas e actividades.
Durante
estes días a profe Charo e a profe Ade, quérenvos animar a facer un diario,
onde cada noite escribades o qué fixestes, cal foi o voso estado de ánimo, as
cousas importantes que vos aconteceron...Todo o que se vos ocorra.
Por
outro lado, queremos invitarvos a poñer nas vosas fiestras, balcóns ou terrazas
un arco da vella coa mensaxe “Todo vai
saír ben”. Na etiqueta de plástica tedes un exemplo que colgamos fai uns días.
Por
último, dicirvos que a partir da próxima semana iremos subindo ao blog as
actividades que recomendamos facer cada día e seguindo o horario na medida do
posible. Recordámosvos que son voluntarias e que cadaquén que as faga na medida
do posible.
Un
saúdo e moito ánimo!
PD:
As profes bótanvos moito de menos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario