jueves, 30 de abril de 2020

Feliz Cumple!!

Boas!

As profes queremos facer unha felicitación virtual a todas as nenas e nenos que estiveron de cumple este mes de abril!!

Seguro que pronto poderemos celebralo todos xuntos! 😉




Xoves 30/04. Tarefas 3º

Boas!

Recordámosvos que hoxe xa tedes as actividades na aula virtual e no blog. Algunhas son para facer dende a aula virtual (concretamente as preguntas sobre unha lectura de lingua castelá). 

As actividades propostas para o día de hoxe son: 

Lingua castelá
Facedes a lectura do seguinte texto 
https://drive.google.com/file/d/1Sc22mAyiECOfKeDrqC9sx_m4O3Nt0aPm/view?usp=sharing


E logo as preguntas de comprensión lectora. 





Lingua Galega 

Xogo do aforcado con vocabulario relacionado cos deportes (tedes vocabulario na páx 110 do libro de texto). 



Matemáticas 
Enlace para facer divisións online. Non as tedes que facer todas, non vos preocupedes pola puntuación que pon a ficha. 
Ao rematar recordade darlle a Terminar e enviar a mi profesora. Enviades ao correo enviocole@gmail.com  


Sociais 

No enlace tedes un esquemiña co máis importante da lectura que aparece na páxina 8. 
Recomendo que apuntedes a información máis importante ( Podeste orientar polo esquema que vos deixo ou elaborar ti un) Recordade que  facer debuxos relacionados co esquema axúdanos a aprender e a recordar máis facilmente. 

Recordade que tedes educación física na etiqueta de educación física. 

Un saúdo! 







Xoves 30/04. Tarefas 4º.

Boas 

Recordámosvos que hoxe xa tedes as actividades na aula virtual e no blog. Algunhas son para facer dende a aula virtual (concretamente as preguntas sobre unha lectura de lingua castelá). 

As actividades propostas para o día de hoxe son: 

Lingua castelá
Facedes a lectura do seguinte texto 

https://drive.google.com/file/d/1Sc22mAyiECOfKeDrqC9sx_m4O3Nt0aPm/view?usp=sharing


E logo as preguntas de comprensión lectora. 






Matemáticas 

Hoxe empezamos coa resta con números decimais.
Mirade con atención o video explicativo e despois lede detidamente as explicacións da páxina
114 do libro (recadro azul).
Tamén na ficha que vos mando ven una explicación.
Xa veredes como sodes capaces de realizalas!






Ciencias Naturais 

Lede de novo as páxinas 82 e 83 .
Despois mirade o vÍdeo e os esquemas que vos mandei.
Por último, intentade  facer un esquema das propiedades e outro dos estados da materia, asi ides repasando o máis importante.Podedes facelo en forma de árbore ou con chaves como faciamos na pizarra da clase. 



Plástica 

Hoxe traémosvos as bonecas "sacapesares". Coñecédelas? 

Conta a lenda que os antigos Maias de Guatemala facían estas bonequiñas a man. E para que lle servían? Pois cando tiñan un problema, un pesadelo ou algunha situación que lles preocupase, as persoas Maias contábanllo aos bonequiños, logo puñan o bonequiño debaixo da almofada e ao día seguinte cando espertaban os seus problemas xa desapareceran. 

Hai moitas formas de facer estas bonequiñas ou bonequiños (cadaquén que elixa). Aquí traémosvos un exemplo moi sinxelo. 



Recordade que tedes a actividade de inglés na etiqueta de inglés. 


Un saúdo! 

miércoles, 29 de abril de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Tal e como vos informamos no correo abalar, nos vindeiros días imos cambiar o blog pola aula virtual do centro, xa que é un dos medios oficiais que nos ofrece a Consellería de Educación.


ACCESO AULA VIRTUAL 

As instrucións concretas de acceso (usuario e contrasinal) xa as especificamos no correo abalar.
Agradeceríamos que contactásedes con nós a través do correo de abalar ante calquera problema que poidades ter para solucionalo o antes posible.

Aquí vos deixamos unhas imaxes cos pasos a seguir para rexistrarvos. 

1º Entrar na páxina web do cole 👇.
2º Acceder á aula virtual.



3º Entrar en 3º e 4º de primaria na casa. 

4º  Introducides os datos que vos facilitamos no correo abalar. RECORDADE  en canto entredes tedes que poñer un novo contrasinal e apuntalo para non esquecelo.





OUTRA INFORMACIÓN IMPORTANTE 

- O blog non se vai pechar, podedes seguir entrando para ver actividades anteriores, pero a partir do mes de maio, as actividades van estar publicadas na aula virtual. No caso de que publiquemos algo dende o blog porémosvos o enlace para que poidades ver a información de forma sinxela e directa.

- As actividades que se propoñan no blog NON HAI QUE IMPRIMILAS, moitas van ser online para poder facelas dende calquera dispositivo.

- O envío de actividades farase a partir de agora dende a aula virtual. Non as tedes que enviar todas, só aquelas que se especifiquen (daremos instrucións).

-Tamén recordarvos que polo de agora non tedes que facer todas as actividades. As mestras facemos unhas propostas e cadaquén que vaia facendo na medida do posible.








Inglés!!


Bos días!

Mirades o vídeo que vos deixo no seguinte enlace:

https://elt.oup.com/elt/students/rainbowbridge/video/fairy_tales/level_1_3/billies.mp4?cc=global&selLanguage=en


Logo facedes as actividades:




Ata pronto!!! 



Mércores 29/04. Tarefas 3º

Bos días! 

De seguro que durante todo este tempo na radio, na televisión, nas noticias... escoitastes  teorías sobre a orixe do coronavirus. Unha delas é a que di que provén dun morcego ou se o traducimos ao castelán un " murciélago" ou... tal vez se di "murciégalo"? Vos que credes? 

Para atopar a resposta o mellor que podedes facer é buscar no dicionario da RAE (Real Academia Española) igual vos sorprendedes co que atopades!! Deixamos link aquí 👇
                                                                                                      https://dle.rae.es/


Lingua galega 

En galego ides repasar as palabras con rr.  Recordade: 

  • O r soa forte: 
- Ao princioio de palabras: rocha 
-Despois de n, l, s: enredadeira
-Cando vai escrito entre vogais: gorro, carreta
  • No resto de casos soa suave: area, mar... 
Logo facede a seguinte actividade. Buscade as palabras no dicionario se non recordades o significado. Tedes o titorial na etiqueta de "Buscar no dicionario". 




Lingua castelá 

Para lingua castelá imos facer un repaso do tema 7. Para iso podedes cubrir a seguinte ficha online e enviala ao correo enviocole@gmail.com 


Matemáticas  

Imos a seguir repasando as divisións. Podedes facelas no link ( a través do ordenador, móbil ou tablet)  e enviala a enviocole@gmail.com. Non é preciso facelas todas, a puntuación que vos aparece na imaxe é automática, as profes non a temos en conta.  



Se non saen as divisións anteriores facedes este exercicio coa axuda da táboa do 2.



Ciencias Naturais 
En naturais imos ver a páxina nove do libro. No link 👇 déixovos un esquemiña que podedes completar con información do libro.    


Tamén podedes ver o seguinte vídeo e se atopades algunha información relevante, xa sabedes que podedes apuntala!



Inglés
Hoxe teredes colgadas novas actividades de inglés, recordade ver a etiqueta!! 


RECORDATORIO DE MÚSICA*****

Recordade visitar o blog de música que podedes atopar na etiqueta "Música " xa que a profe está a poñer actividades. Cada curso ten a súa entrada. Para enviarlle as actividades á profe de música podedes facelo a través de fotos ou vídeos (dependendo da actividade) ao correo musicaceiplourido@gmail.com 



Mércores 29/04. Tarefas 4º

Bos días! 

De seguro que durante todo este tempo na radio, na televisión, nas noticias... escoitastes  teorías sobre a orixe do coronavirus. Unha delas é a que di que provén dun morcego ou se o traducimos ao castelán un " murciélago" ou... tal vez se di "murciégalo"? Vos que credes? 

Para atopar a resposta o mellor que podedes facer é buscar no dicionario da RAE (Real Academia Española) igual vos sorprendedes co que atopades!! Deixamos link aquí 👇
                                                                    https://dle.rae.es/

Aquí vos deixamos as actividades para o día de hoxe: 

Lingua galega 
En galego ides repasar as palabras con r e rr.  Recordade: 

  • O r soa forte: 
- Ao principio de palabras: rocha 
-Despois de n, l, s: enredadeira
-Cando vai escrito entre vogais: gorro, carreta
  • No resto de casos soa suave: area, mar... 
Logo facede as seguintes actividades. Buscade as palabras no dicionario se non recordades o significado. Tedes o titorial na etiqueta de "Buscar no dicionario". 




Matemáticas 
Hoxe en matemáticas imos repasar as restas con levadas para practicar a resta, pois mañá comezaremos a restar con decimais. Facede a proba da resta para saber si están ben . 


Lingua castelá 

Para lingua castelá déixovos un repaso de ortografía coas palabras rematadas en -d e en -z. Na parte de arriba da páxina faivos un pequeno recordatorio. 

A actividade 5 non se fai. 


Logo  dádelle a enviar a mi profesora  ( podedes enviar a ficha a través do ordenador, móbil ou tablet) ao correo terceroycuartolourido@gmail.com 


Música 
Recordade visitar o blog de música que podedes atopar na etiqueta "Música " xa que a profe está a poñer actividades. Cada curso ten a súa entrada. Para enviarlle as actividades á profe de música podedes facelo a través de fotos ou vídeos (dependendo da actividade) ao correo musicaceiplourido@gmail.com 


E ata aquí todo por hoxe !






martes, 28 de abril de 2020

Martes 28/04. Tarefas 4º.

Bos días!

Seguro que durante todos estes días en moitas casas estades a facer biscoitos, pan, doces... E seguro tamén que a moitas desas creacións lle engadides unha cousiña que se chama lévedo ou "levadura". Pero sabedes realmente o que é o lévedo? E por que é tan importante para que case todos os doces o leven? 

Podedes investigar aquí abaixo no seguinte link 👇


Lingua galega 

Iniciamos a unidade 8.
Ledes a lectura das páxinas 122 e 123.
Actividades da páxina 124-125 : 1,2, 6 e 7.
Repasamos o verbo nadar (nas páxina finais do libro) que xa tiñades estudado.
Recordade que hai tres conxugacións e que este verbo é da primeira pois remata en –ar.


Matemáticas
Que tal as sumas de números decimais? Seguro que vos están saíndo moi ben.
Imos practicar un pouquiño máis.





Ciencias da natureza. 


Ledes as páxinas 82  e 83:A materia e as súas propiedades xerais.
Recoméndovos que volvades ver o vídeo do xoves pasado e este esquema para comprendelo mellor.
Actividade da páxina 83: 1








Un saúdo e ata pronto! 

Martes 28/04. Tarefas de 3º.

Bos días!

Seguro que durante todos estes días en moitas casas estades a facer biscoitos, pan, doces... E seguro tamén que a moitas desas creacións lle engadides unha cousiña que se chama lévedo ou "levadura". Pero sabedes realmente o que é o lévedo? E por que é tan importante para que case todos os doces o leven?

Podedes investigar aquí abaixo no seguinte link 👇


Aquí van as actividades de hoxe: 

Lingua castelá
Continuamos a repasar as palabras  con ll e introducimos agora algunhas que levan y. 


(soluciones:mantequilla, construyeron, desayuno, hoyo, morcilla, royendo, palillo, banquillo)

Soluciones: (trampilla, jeringuilla, balconcillo, azucarillo, lentilla, pececillo, escobilla, chaquetilla 

lluvia, distribuyó, ardilla, oyes, influye, llenar, atropellar, reyes ). 

Matemáticas 
Hoxe en matemáticas imos centrarnos un pouquiño mais nas divisións. Tedes que:

-Calcular.
-Dicir se son exactas ou enteiras. 
-E facer a proba da división. 

8:2     18:4      24:6     45:8           

Esta actividade podedes atopala completa (por se queredes facer máis contas) no libro na páxina 104. 

Logo ides intentar facer estas divisións:


 46:4                                63:5 

Para investigar como se fan déixovos os seguintes recursos: 

Vídeo :
DIVIDIR AVANCE

Apuntamentos (na páxina 5 explica concretamente como se fan estas divisións cando a primeira cifra do dividendo e igual ou maior ao divisor). Información división


Ciencias Sociais 

Imos comezar o tema 1. Para iso ides ler a páxina 6 " O lugar onde vivo" e buscades no dicionario as palabras resaltadas en negriña. Recordade que podedes facelo de forma online "etiqueta buscar no dicionario" 


Valores 

Como o farías? 

Agora que podemos saír ás rúas, cumprindo unhas normas,  imaxina que ves a un grupo de nenos xogando todos xuntos, compartindo xoguetes, dándose apertas ... Ti tes que avisalos de que iso agora mesmo non se pode facer, teñen que cumprir as normas. Como o farías? 


O alumnado de relixión tedes o blog  na etiqueta"relixión". 


Un saúdo e ata pronto! 



Relixión

lunes, 27 de abril de 2020

Luns 27/04. Tarefas 3º

Bos días! 

Por fin onte puidestes saír a dar unha pequena voltiña! Recordade lavar moi ben as mans sempre que regresedes ás vosas casas. 

Hoxe Hoxe traémosvos un refrán relacionado co tempo atmosférico que estamos a ter durante estes día e tamén co mes no que estamos. O refrán di  " Tronando en abril, de dez grans nacen mil". Sabedes o que significa? Seguro que se indagades un pouco na vosa casa descubrides o importante significado que ten, especialmente para a xente que vive do campo. 

Aquí vos deixo as tarefas propostas para o día de hoxe: 

Lingua Galega 
Hoxe imos mesturar un pouquiño as materias de naturais e lingua galega mediante a lectura do seguinte texto do libro de naturais (deixo unha imaxe, pero podedes atopala na páxina 6 de naturais) logo debedes contestar ás preguntas.
Se non entendedes algunha palabra recordade buscar no dicionario (na etiqueta buscar no dicionario tedes enlaces para facelo online). 


Logo contestade ás preguntas sobre a lectura. 

  1. As persoas da imaxe fixeron unha saída o sábado. A que lugar foron?

a) Parque natural
b) Monte
c) Praia protexida 

          2. Cal é o traballo das persoas que guiaron aos visitantes? 

a) Monitores 
b) Científicos
c) Biólogos 

         3.Como se chama o lugar polo que non puideron pasar?

a) Carballeira
b) Piñeiral
c) Matogueira 

          4. As eirugas de bolboreta procesionaria son perigosas porque…

a) Producen alerxias ao caer as eirugas das árbores e tocar a pel
b) Producen alerxias ao desprenderse os pelos do seu corpo e quedar flotando no aire.
c)Producen alerxias ás árbores.

            5. Cal é o significado de colonia no texto? 

a) Conxunto de animais que viven xuntos nun lugar 
b) Perfume que se fai con aula, alcohol e aromas. 
c) Zona de bosque 


Recorda buscar no dicionario o significado daquelas palabras que non comprendas.

Solucións (1-a; 2-c; 3-b; 4-b; 5-a )



Lingua Castelá 

En lingua castelá imos ver as palabras rematas en -illo, illa. Este cadriño que vos deixo aquí e que podedes atopar na páxina 106 do voso libro de texto le LC é importante para poder escribir sen faltas de ortografía. 
Podedes repasar estas palabras no seguinte enlace: https://es.liveworksheets.com/sx83258ad

Recordade darlle a "Terminado" e logo en enviar poñedes o correo enviocole@gmail.com


Ciencias naturais  

Imos comezar un tema novo, pero que xa destes en anos anteriores, estou segura que aínda recordades moitas cousas e senón non pasa nada porque as repasamos. 

Antes en galego, fixestes a lectura da introdución do tema. Trátase da unidade 1 " Os seres vivos. Animais" . Agora ides ler a páxina   8. 





Logo ides facer a actividade que vos deixo na páxina 3 do seguinte enlace (na páxina anterior tedes un esquema desta primeira lectura) 



Recordade practicar un pouco de música e inglés hoxe. 

Un saúdo e ata pronto. 








Luns 27/04. Tarefas 4º

Bos días! 

Que tal estades? Que tal foi a primeira saída tras 40 días na casa? Seguro que foi un momento  moi especial!

Hoxe traémosvos un refrán relacionado co tempo atmosférico que estamos a ter durante estes día e tamén co mes no que estamos. O refrán di  " Tronando en abril, de dez grans nacen mil". Sabedes o que significa? Seguro que se indagades un pouco na vosa casa descubrides o importante significado que ten, especialmente para a xente que vive do campo. 

Agora déixovos as tarefas para o día de hoxe: 

LINGUA CASTELÁ 
Facedes a lectura da Unidade 8 (páx 118-119) . Se non entendedes algunha palabra podedes buscala no dicionario, tedes no blog unha entrada explicando como se pode buscar nos dicionarios online. 
Logo facedes as  actividades da páxina 120-121 : Preguntas exprés, 5,6 e 7.

MATEMÁTICAS
Seguimos coa suma de números decimais.
Actividades da páxina 113: 4 e 6 (Problemas).

CIENCIAS SOCIAIS
Volvede a ler a páxina 78 do libro e mirades o vÍdeo explicativo do tempo histórico e das distintas medidas do tempo para compréndelo mellor.
Intentade memorizar  as seguintes unidades: lustro, década, século e milenio.




Recordade que hoxe tamén temos educación física e podedes practicar mediante as actividades propostas na etiqueta "Educación física". 


Un saúdo e ata pronto! 




viernes, 24 de abril de 2020