Bos días!
As actividades propostas para o día de hoxe son:
Lingua galega.
Aquí tedes unhas adiviñas moi sinxelas, lede en voz
alta e entoando. Tamén podedes copialas para practicar a escrita.
Lingua castelá
Para lingua castelá quédavos unha ficha
para repasar a colocación dos signos de interrogación e exclamación. Recordade
que este curso estudamos os tipos de oracións (negativas, afirmativas,
interrogativas e exclamativas). As oracións que teñen os signos ¿? son
interrogativas, mentres que as que empregan !¡ son exclamativas. Despois de
poñerlle os signos, podedes engadir
exclamativa ou interrogativa .
Na segunda imaxe aparecen as
solucións.
Matemáticas
Para matemáticas un pequeno repaso dos número romanos, déixovos unha chuleta por se non vos lembrades.
As solucións aparecen nas imaxes do lado.
Tamén podedes facer as seguintes restas, facede a proba da resta para comprobar os resultados.
7732—6401=
5581—5501=
9359—1058=
Solucións (1331, 80, 8301)
Educación Física
Ciencias sociais
Para sociais déixovos unha actividade online para facer memoria dos planetas do sistema solar.
Para complementar esta actividade podedes facer esta sinxela tarefa:
Para seguir repasando o Universo aquí vos queda un pequeno test:
Un saúdo e ánimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario