miércoles, 29 de abril de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Tal e como vos informamos no correo abalar, nos vindeiros días imos cambiar o blog pola aula virtual do centro, xa que é un dos medios oficiais que nos ofrece a Consellería de Educación.


ACCESO AULA VIRTUAL 

As instrucións concretas de acceso (usuario e contrasinal) xa as especificamos no correo abalar.
Agradeceríamos que contactásedes con nós a través do correo de abalar ante calquera problema que poidades ter para solucionalo o antes posible.

Aquí vos deixamos unhas imaxes cos pasos a seguir para rexistrarvos. 

1º Entrar na páxina web do cole 👇.
2º Acceder á aula virtual.



3º Entrar en 3º e 4º de primaria na casa. 

4º  Introducides os datos que vos facilitamos no correo abalar. RECORDADE  en canto entredes tedes que poñer un novo contrasinal e apuntalo para non esquecelo.





OUTRA INFORMACIÓN IMPORTANTE 

- O blog non se vai pechar, podedes seguir entrando para ver actividades anteriores, pero a partir do mes de maio, as actividades van estar publicadas na aula virtual. No caso de que publiquemos algo dende o blog porémosvos o enlace para que poidades ver a información de forma sinxela e directa.

- As actividades que se propoñan no blog NON HAI QUE IMPRIMILAS, moitas van ser online para poder facelas dende calquera dispositivo.

- O envío de actividades farase a partir de agora dende a aula virtual. Non as tedes que enviar todas, só aquelas que se especifiquen (daremos instrucións).

-Tamén recordarvos que polo de agora non tedes que facer todas as actividades. As mestras facemos unhas propostas e cadaquén que vaia facendo na medida do posible.








1 comentario:

  1. Sands Casino | Entertainment | SEGATIC PLAY
    Enjoy the best gaming experience online with SEGATIC PLAY - the 카지노사이트 premier casino experience in the PLAY. Casino. Slot 온카지노 Machine. Casino Slots. Progressive 샌즈카지노 Jackpots. Progressive

    ResponderEliminar