viernes, 3 de abril de 2020

Vacacións!


Ola a todas e a todos!

Como vos atopades? Contentos de que xa sexan as vacacións e as profes paren de mandar tarefas verdade?

Pois...imos  parar durante uns días! 

Que vos parecen uns "non deberes" como os da imaxe? 





Pero por si vos aburrides...recordámosvos que se pinchades nas etiquetas de: lingua castelá, galego, matemáticas... tedes actividades para traballar (esperamos que non teñades que entrar, que xa tendes que estar moi cansos de traballar tanto).


Na etiqueta de xogos didácticos van quedar xogos para repasar online (algúns xa os propuxemos nas tarefas diarias). 


Animámosvos a que leades un pouquiño durante estes días, dende a web do cole facilítanvos uns enlaces con libros gratuítos. Aquí vos deixamos o enlace:




E si vos apetece viaxar, por que non iades facelo? Deixámosvos unha ficha que podedes cubrir dende a casa, pero para facela teredes que investigar e indagar o que vos pide, así poderedes descubrir fantásticos lugares. 

Deixámola en formato foto e pdf no seguinte enlace:



Podedes enviarnos aos correos as vosas viaxes: cando rematen as vacacións, publicaremos nunha entrada do blog os lugares que visitastes. 

Tamén queremos dicirvos que de seguro pronto volvemos a vernos no cole! As profes bótanvos moito de menos e teñen moitas ganas de volver ás clases! 

Esperamos que o pasedes  moi ben coas vosas familias e que teñades unhas vacacións fantásticas. 

Mandámosvos un abrazo e un bico moi forte!

Ata pronto! 





No hay comentarios:

Publicar un comentario