jueves, 23 de abril de 2020

Xoves 23/04. Tarefas para 4º

Bos días!

Feliz Día do Libro!😄
Sabedes por que se celebra o Día do Libro? Se non estades seguros investigade a resposta! (deixámosvos unha axudiña no seguinte enlace)

As actividades propostas para o día de hoxe son:

Matemáticas. 
Hoxe imos a seguir practicando un pouquiño máis as sumas con decimais. Podedes volver a ver o titorial de onte.



Lingua castelá. 
En lingua  castelá deixamos unha actividade de escritura creativa (lede as instrucións que aparecen na imaxe) . A historia ten que ser breve, non máis de 10 liñas.




 Despois contade a vosa creación literaria na casa. O resto da familia ten que adiviñar os tres libros que empregaches para facer a historia. Recordade ler en voz alta e clara para que vos entendan ben. Non esquezades poñer puntos e algunha coma!



Ciencias da Natureza. 
En naturais imos facer un pouquiño de memoria recordando algunhas cousiñas moi sinxelas que xa distes en 3º sobre a materia. Para axudarvos a recordar un pouquiño é preciso que leades a introdución  da unidade 5 (páxina 80).
Despois mirade o vídeo da materia.




Estou segura de que xa vos lembrades un pouquiño de que ía o tema! 

Plástica. 

Para plástica esta semana propoñémosvos unha actividade relacionada cos libros. Como sabemos que vos encanta ler pareceunos unha boa idea que deseñarades os vosos propios marca páxinas personalizados.  

Estes marca páxinas son un pouco máis complicados de facer que os que a miúdo empregamos, pero estamos seguras de que seguindo as instrucións (abaixo de todo) vos sairán de marabilla. 

A continuación deixámosvos algunhas ideas: 

















Instrucións




Recordade que hoxe toca inglés, tedes as novas actividades dispoñibles na etiqueta inglés.

Un saúdo e ata pronto! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario