jueves, 23 de abril de 2020

Xoves 23/04. Tarefas 3º.

Bos días!!😄

Hoxe é un día moi especial, é o Día do Libro!

Sabedes por que se celebra o Día do Libro? Se non estades seguros investigade a resposta! (deixámosvos unha axudiña no seguinte enlace)



Despois xa podedes facer as tarefas que vos traemos para o día de hoxe!😉

Lingua Castelá 
A actividade de hoxe está relacionada coa festa do día. Deixámosvos  unha actividade de escritura creativa (lede as instrucións que aparecen na imaxe) . A historia ten que ser breve, non máis de 10 liñas.



Lingua Galega 
CAMBIO DE ACTIVIDADE POR MOTIVOS TÉCNICOS (DESCULPADE AS MOLESTIAS). 

En galego déixovos unha actividade online (trátase dunha comprensión lectora), tedes que pinchar no enlace para facela (podedes empregar ordenador, tablet ou móbil). 


Logo enviala do seguinte xeito:

Unha vez que rematedes de facer a actividade  pinchade en "terminado". 




Logo en "enviar a mi profesora"




Logo poñede o voso nome, o curso, galego e  o email : enviocole@gmail.com e pulsades "send". 


E listo! 

Matemáticas 

Facedes o seguinte problema. Lede ben pois pode haber varias operacións. 





Ciencias sociais 

Lede a páxina 66 do libro e despois facede a actividade que vos deixo.
As palabras que vos aparecen na actividade son importante (podedes aprendelas e así exercitades a memoria).





Recordade que hoxe tocaría Educación Física así que non esquezades facer algo de actividade física. Podedes atopar actividades na etiqueta de Educación Física.


Un saúdo e ata pronto! 😜
















No hay comentarios:

Publicar un comentario