miércoles, 22 de abril de 2020

Mércores 22/04. Tarefas 3º

Bos días! 

Hoxe propóñovos un reto que investiguedes o significado da palabra "ledicia"
para iso podedes consultar no dicionario online de galego. No seguinte vídeo tedes unha explicación de como buscar no diccionario online en galego.



E aquí van as actividades propostas para o día de hoxe. 

Lingua Galega.
Lede con atención a información sobre os demostrativos e logo resolvede as actividades.





Lingua Castelá 
En castelá imos facer unha actividade relacionada coa celebración do Día da Terra, que se celebra hoxe 22 de abril.
Lede con atención as seguintes imaxes.







Matemáticas

Resolvedes as seguintes sumas e restas, e facedes o problema.







Ciencias Naturais 

En ciencias naturais imos ver un vídeo que se elaborou no ano 2015 para o Día da Terra. Nel queren concienciar á poboación máis nova para que tome medidas e salve ao planeta.



Despois de mirar o vídeo compara a información que nos contou o neno co seguinte titular da páxina de National Geographic de fai uns días.





Creedes que o planeta se beneficiou de que as persoas esteamos nas nosas casas? Por que? 

Que farías ti para que non volva a contaminarse o planeta cando volvamos a saír ás rúas? 


Podes mandarme as vosas respostas (antes do domingo 26 de abril)  ao correo  enviocole@gmail.com, non se van publicar, pero gustaríame coñecer a vosa solución. 



Inglés. 
Recordade que hoxe tedes inglés. Entrade na etiqueta inglés para ver as actividades. 


Un saúdo e ata pronto! 









No hay comentarios:

Publicar un comentario