viernes, 24 de abril de 2020

Venres 24/04. Tarefas 3º

Bos días! 

Hoxe ímosvos deixar un interesante enlace que nos permite ir de "excursión virtual a Exipto". Trátase dun "tur" virtual sobre o interior da Tumba de Menna, unha das máis visitadas. Nela podedes ver as pinturas, os corredores... Se vos animades pinchade no enlace 👇
                    Tumba de Menna

As actividades para hoxe son: 

Lingua Galega 

En lingua galega déixovos unha actividade de vocabulario mediante unha sopa de letras. Recordade se non coñecedes algunha palabra podedes consultala de forma online no dicionario. Tedes un titorial de como se fai na etiqueta "Busco no dicionario" . 





Matemáticas

Facedes as seguintes divisións. Podedes facelas directamente. 

Exemplo 30:5 
Teño que buscar na táboa do 5 un número que ao multiplicalo por 5 me dea un número igual ou cerca de 30. 
Consultade o libro se tedes dúbidas. Recordade que para dividir é esencial saber moi ben as táboas de multiplicar. 


Tamén vos deixo as solucións do cadrado máxico do outro día... revisade os vosos!

Fixádevos que todas as columnas, filas e diagonais suman 15!



Ciencias sociais 
Facedes o seguinte test de repaso da unidade 4 de sociais. 



Plástica 

Para plástica esta semana propoñémosvos unha actividade relacionada cos libros. Como sabemos que vos encanta ler pareceunos unha boa idea que deseñarades os vosos propios marca páxinas personalizados.  

Estes marca páxinas son un pouco máis complicados de facer que os que a miúdo empregamos, pero estamos seguras de que seguindo as instrucións (abaixo de todo) vos sairán de marabilla. 

A continuación deixámosvos algunhas ideas:







Instrucións 


Recordade que hoxe tamén tedes inglés e as actividades están dispoñibles na etiqueta do blog "inglés". 



Ata aquí todo por hoxe! 


Un saúdo e que teñades boa fin de semana! 😃





No hay comentarios:

Publicar un comentario