martes, 14 de abril de 2020

Estamos de volta!


Bos días alumnado!

Que tal as “vacacións” de Semana Santa?

Seguro que esta vez foron un pouquiño diferentes de como soen ser, pero esperamos que aproveitásedes para pasar o tempo desfrutando en familia!

As profes estamos ben, con moitas ganas de volver ao cole, pero mentres non se poida seguirémonos comunicando con vós por aquí.

Durante estes días continuaremos enviando tarefas de repaso, ata que a Consellería de Educación nos dea novas instrucións de como vai ser o terceiro trimestre. Manterémosvos  ao tanto das novidades.

Queremos recordarvos que, polo de agora, podedes escoller as tarefas que queredes facer. Tamén que non é necesario imprimilas. Cadaquén que as vaia facendo na medida do posible.

Moito ánimo alumnado!

Seguiremos informando. 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario