lunes, 27 de abril de 2020

Luns 27/04. Tarefas 3º

Bos días! 

Por fin onte puidestes saír a dar unha pequena voltiña! Recordade lavar moi ben as mans sempre que regresedes ás vosas casas. 

Hoxe Hoxe traémosvos un refrán relacionado co tempo atmosférico que estamos a ter durante estes día e tamén co mes no que estamos. O refrán di  " Tronando en abril, de dez grans nacen mil". Sabedes o que significa? Seguro que se indagades un pouco na vosa casa descubrides o importante significado que ten, especialmente para a xente que vive do campo. 

Aquí vos deixo as tarefas propostas para o día de hoxe: 

Lingua Galega 
Hoxe imos mesturar un pouquiño as materias de naturais e lingua galega mediante a lectura do seguinte texto do libro de naturais (deixo unha imaxe, pero podedes atopala na páxina 6 de naturais) logo debedes contestar ás preguntas.
Se non entendedes algunha palabra recordade buscar no dicionario (na etiqueta buscar no dicionario tedes enlaces para facelo online). 


Logo contestade ás preguntas sobre a lectura. 

  1. As persoas da imaxe fixeron unha saída o sábado. A que lugar foron?

a) Parque natural
b) Monte
c) Praia protexida 

          2. Cal é o traballo das persoas que guiaron aos visitantes? 

a) Monitores 
b) Científicos
c) Biólogos 

         3.Como se chama o lugar polo que non puideron pasar?

a) Carballeira
b) Piñeiral
c) Matogueira 

          4. As eirugas de bolboreta procesionaria son perigosas porque…

a) Producen alerxias ao caer as eirugas das árbores e tocar a pel
b) Producen alerxias ao desprenderse os pelos do seu corpo e quedar flotando no aire.
c)Producen alerxias ás árbores.

            5. Cal é o significado de colonia no texto? 

a) Conxunto de animais que viven xuntos nun lugar 
b) Perfume que se fai con aula, alcohol e aromas. 
c) Zona de bosque 


Recorda buscar no dicionario o significado daquelas palabras que non comprendas.

Solucións (1-a; 2-c; 3-b; 4-b; 5-a )



Lingua Castelá 

En lingua castelá imos ver as palabras rematas en -illo, illa. Este cadriño que vos deixo aquí e que podedes atopar na páxina 106 do voso libro de texto le LC é importante para poder escribir sen faltas de ortografía. 
Podedes repasar estas palabras no seguinte enlace: https://es.liveworksheets.com/sx83258ad

Recordade darlle a "Terminado" e logo en enviar poñedes o correo enviocole@gmail.com


Ciencias naturais  

Imos comezar un tema novo, pero que xa destes en anos anteriores, estou segura que aínda recordades moitas cousas e senón non pasa nada porque as repasamos. 

Antes en galego, fixestes a lectura da introdución do tema. Trátase da unidade 1 " Os seres vivos. Animais" . Agora ides ler a páxina   8. 





Logo ides facer a actividade que vos deixo na páxina 3 do seguinte enlace (na páxina anterior tedes un esquema desta primeira lectura) 



Recordade practicar un pouco de música e inglés hoxe. 

Un saúdo e ata pronto. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario