viernes, 24 de abril de 2020

Venres 24/04. Tarefas 4º

Bos días!

Hoxe ímosvos deixar un interesante enlace que nos permite ir de "excursión virtual a Exipto". Trátase dun "tur" virtual sobre o interior da Tumba de Menna, unha das máis visitadas. Nela podedes ver as pinturas, os corredores... Se vos animades pinchade no enlace 👇



As actividades propostas para o día de hoxe son: 

Lingua galega

En galego déixovos unha actividade online , tedes que pinchar no enlace para facela (podedes empregar ordenador, tablet ou móbil). 



Logo enviala do seguinte xeito:

Unha vez que rematedes de facer a actividade  pinchade en "terminado". 





Logo en "enviar a mi profesora"

Logo poñede o voso nome, o curso, galego e  o email:  terceroycuartolourido2020@gmail.com e pulsades "send". 




Ciencias sociais

En Sociais imos comezar a unidade 5, nesta novo tema imos facer un repaso de contidos que xa estudastes o ano anterior. 
Como introdución á Unidade déixovos un pequeno vídeo. 




Logo lede a a páxina 78 do libro de sociais. Despois podedes completar a información facendo unha lectura da páxina 118 do libro de lingua galega. 

Valores

En valores hoxe propóñovos escribir unha carta para o futuro sobre o momento actual que estamos a vivir.  Na imaxe aparecen en orden algunhas ideas sobre as cousas que podedes escribir. Podedes cambiar o que queirades pero debedes poñer ao principio unha presentación e ao final unha despedida. 



Recordade que hoxe tamén tedes Educación Física e que podedes atopar as actividades propostas na etiqueta da dereita do blog "Educación Física". 


E ata aquí todo por hoxe. Espero que teñades unha gran fin de semana. 

Un saúdo e ata pronto!😄













No hay comentarios:

Publicar un comentario