As tarefas para o día de hoxe son:
Matemáticas
Para metemáticas repasades as multiplicacións e facedes o problema.
Lingua Castelá
En lingua castelá déixovos a seguinte ficha de lectura. Lede a modo para comprendelo ben.
Ciencias da Natureza
En naturais continuamos a repasar aspectos do corpo humano. Recordade que podedes consultar o libro ante as dúbidas.
Plástica.
A actividade da semana de plástica ten que ver co Día Mundial da Arte, que se celebrou onte 15 de abril.
A tarefa que vos propoño é escoller un cadro dun retrato famoso (aquí vos imos deixar algunhas propostas moi famosas). Despois tedes que pintar ese retrato, pero en lugar de aparecer o protagonista orixinal, debuxádesvos a vos mesmos. Fixádevos que cada cadro ten algunha cousa característica. A continuación dámosvos algunhas ideas, aínda que vos podedes atopar outras.
O bigote de Dalí.
As froitas e flores de Arcimboldo.
A arte pop (retratos iguais de diferentes cores) de Andy Warhol.
Os autoretratos de Frida Kahlo coas súas características cellas e rodeada de monos.
A Mona Lisa de Leonardo Davinci.
El Grito de Munch.
Recordade o correo para enviar o traballo é: terceroycuartolourido2020@gmail.com
Recordade que hoxe tamén tedes inglés e tedes actividades dispoñibles na etiqueta do blog "inglés".
Isto é todo por hoxe, un saúdo e ata pronto!😃
No hay comentarios:
Publicar un comentario