Hoxe imos revelar como fixemos o vídeo que vos subimos onte.
Para facelo precisamos papel de cociña, rotuladores e auga.
Para facer a auga de cor azul, podedes utilizar unha gotiña de colorante alimenticio azul ou ben pintar con rutuladores azuis nun papel de cociña e logo "lavalo" na auga que ides empregar para o experimento.
Deixámosvos un vídeo onde podedes ver o proceso e poñelo en práctica. 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario