martes, 28 de abril de 2020

Martes 28/04. Tarefas 4º.

Bos días!

Seguro que durante todos estes días en moitas casas estades a facer biscoitos, pan, doces... E seguro tamén que a moitas desas creacións lle engadides unha cousiña que se chama lévedo ou "levadura". Pero sabedes realmente o que é o lévedo? E por que é tan importante para que case todos os doces o leven? 

Podedes investigar aquí abaixo no seguinte link 👇


Lingua galega 

Iniciamos a unidade 8.
Ledes a lectura das páxinas 122 e 123.
Actividades da páxina 124-125 : 1,2, 6 e 7.
Repasamos o verbo nadar (nas páxina finais do libro) que xa tiñades estudado.
Recordade que hai tres conxugacións e que este verbo é da primeira pois remata en –ar.


Matemáticas
Que tal as sumas de números decimais? Seguro que vos están saíndo moi ben.
Imos practicar un pouquiño máis.





Ciencias da natureza. 


Ledes as páxinas 82  e 83:A materia e as súas propiedades xerais.
Recoméndovos que volvades ver o vídeo do xoves pasado e este esquema para comprendelo mellor.
Actividade da páxina 83: 1








Un saúdo e ata pronto! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario