Espero que todas e todos esteades ben!
As actividades para o día de hoxe son:
Ciencias sociais.
Investiga en libros, en google... se a seguinte afirmación é verdadeira ou falsa.
Lingua Galega
Facedes as seguintes actividades. Na primeira tedes que ordenar as instrucións. Se non entendedes algunha palabra podedes buscar aquí:
Na segunda actividade tedes que resolver un reto.
Matemáticas.
En matemáticas propóñovos a seguinte actividade para que comprobedes todas as posibilidades que dá un só número.
Déixovos tamén un enlace coa imaxe onde se ve mellor.
Despois podedes facer aproximacións das seguintes multiplicacións e logo resolvelas.
Por exemplo, se teño 123x3 e quero aproximar ás centenas, teño que pensar 123 está máis cerca de 100 ou de 200? A resposta é de 100, polo tanto, multiplico 100x3.
Podedes consultar a páxina 89 do libro de matemáticas se tedes dúbidas.
As multiplicacións para aproximar ás centenas son:
245x5 348x8 460x9 234x7
Plástica.
A actividade da semana de plástica ten que ver co Día Mundial da Arte, que se celebrou o 15 de abril.
A tarefa que vos propoño é escoller un cadro dun retrato famoso (aquí vos imos deixar algunhas propostas moi famosas). Despois tedes que pintar ese retrato, pero en lugar de aparecer o protagonista orixinal, debuxádesvos a vos mesmos. Fixádevos que cada cadro ten algunha cousa característica. A continuación dámosvos algunhas ideas, aínda que vos podedes atopar outras.
O bigote de Dalí.
As froitas e flores de Arcimboldo.
A arte pop (retratos iguais de diferentes cores) de Andy Warhol.
Os autoretratos de Frida Kahlo coas súas características cellas e rodeada de monos.
A Mona Lisa de Leonardo Davinci.
El Grito de Munch.
Logo, podedes enviarnos ata o xoves 23 (a semana próxima) as vosas creacións, despois publicarémolos no blog o venres.
Recordade o correo para enviar o traballo é: enviocole@gmail.com
Recordade que hoxe tamén tedes inglés e as actividades están dispoñibles na etiqueta do blog "inglés".
Ata aquí todo por hoxe!
Un saúdo e que teñades boa fin de semana! 😃
No hay comentarios:
Publicar un comentario