As tarefas para o día de hoxe son:
Matemáticas.
Facedes os seguintes problemas. Fixádevos
que vos pregunta sempre as cousas que hai en total. Para facer as
multiplicacións por varias cifras recoméndovos que usedes cores, tal e como vos
indico no exemplo, así non mesturades as que levades.
Problemas
Solución (170.346)
Solución (12.120)
Solución (122.628)
Lingua castelá
Na seguinte ficha tedes
que subliñar (non fai falla imprimir en lugar de subliñar escribídelos en tres
columnas, tal e como aparece na parte inferior da imaxe) nomes e adxectivos.
NON é preciso que fagades a parte de verbos, é un texto moi longo e aínda non
os traballamos en profundidade.
Ciencias Sociais
Logo, relaciona os seguintes termos coa súa definición.
Solucións (1-prehistoria; 3-Idade Antiga; 2-Idade Media; 4-Idade Moderna; 5- Idade Contemporánea)
Solucións (As fontes históricas son todo aquilo que nos pode ofrecer información...As idades da historia son os períodos nos que....)
Valores
Para
valores propóñovos crear un “tarro da felicidade”.
O
tarro da felicidade funciona da seguinte maneira:
1º Escolledes un tarro/bote con tapa
e poñédeslle de título tarro da felicidade.
2º
Recortades tiras de papel de cores,
reciclado... calquera anaquiño que vos permita escribir unha frase vale.
3º
Cada noite antes de ir a durmir ou cear pensades no momento do día que vos fixo
sentir máis felices e escribídelo no papeliño. Ten que ser unha frase pequena e
curta (non máis de 10 palabras).
4º
Pola parte de atrás poñédeslle a data, enroládelo moi ben e metédelo dentro do
tarro da felicidade.
Podedes
facelo en familia, que cada persoa meta un papeliño, elixir un momento entre
toda a familia, cun irmán, individualmente... vós elixides como o facedes.
5º Cando teñades un mal día podedes recordar eses pequenos momentos que vos fixeron sentir tan felices.
Aquí
vos deixo algunhas imaxes para que vexades un modelo de tarro da felicidade.
Educación Física
Recordade que tendes propostas de educación física para facer a través da web do centro, ou nas etiquetas do blog.
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario