Ante a posibilidade de que a situación que estamos a vivir dure máis do
previsto é necesario que as familias que aínda non teñan descargada a
aplicación de abalar móbil a descarguen, pois será a canle de comunicación
oficial coas titoras de 3º e 4º de primaria.
Cando descarguedes a aplicación as
mestras enviarémosvos unha mensaxe para solicitar información sobre o acceso
aos dispositivos con conexión a internet do noso alumnado. Esta información só se
pode solicitar a través de abalar, pois é a única canle que asegura a privacidade e seguridade da mensaxe.
Un saúdo e grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario