Bos días!
Por fin onte puidestes saír a dar unha pequena voltiña! Recordade lavar moi ben as mans sempre que regresedes ás vosas casas.
Hoxe Hoxe traémosvos un refrán relacionado co tempo atmosférico que estamos a ter durante estes día e tamén co mes no que estamos. O refrán di " Tronando en abril, de dez grans nacen mil". Sabedes o que significa? Seguro que se indagades un pouco na vosa casa descubrides o importante significado que ten, especialmente para a xente que vive do campo.
Aquí vos deixo as tarefas propostas para o día de hoxe:
Lingua Galega
Hoxe imos mesturar un pouquiño as materias de naturais e lingua galega mediante a lectura do seguinte texto do libro de naturais (deixo unha imaxe, pero podedes atopala na páxina 6 de naturais) logo debedes contestar ás preguntas.
Se non entendedes algunha palabra recordade buscar no dicionario (na etiqueta buscar no dicionario tedes enlaces para facelo online).
Logo contestade ás preguntas sobre a lectura.
- As persoas da imaxe fixeron unha saída o sábado. A que lugar foron?
a) Parque natural
b) Monte
c) Praia protexida
2. Cal é o traballo das persoas que guiaron aos visitantes?
a) Monitores
b) Científicos
c) Biólogos
3.Como se chama o lugar polo que non puideron pasar?
a) Carballeira
b) Piñeiral
c) Matogueira
4. As eirugas de bolboreta procesionaria son perigosas porque…
a) Producen alerxias ao caer as eirugas das árbores e tocar a pel
b) Producen alerxias ao desprenderse os pelos do seu corpo e quedar flotando no aire.
c)Producen alerxias ás árbores.
5. Cal é o significado de colonia no texto?
a) Conxunto de animais que viven xuntos nun lugar
b) Perfume que se fai con aula, alcohol e aromas.
c) Zona de bosque
Recorda buscar no dicionario o significado daquelas palabras que non comprendas.
Solucións (1-a; 2-c; 3-b; 4-b; 5-a )
Lingua Castelá
En lingua castelá imos ver as palabras rematas en -illo, illa. Este cadriño que vos deixo aquí e que podedes atopar na páxina 106 do voso libro de texto le LC é importante para poder escribir sen faltas de ortografía.
Recordade darlle a "Terminado" e logo en enviar poñedes o correo enviocole@gmail.com
Ciencias naturais
Imos comezar un tema novo, pero que xa destes en anos anteriores, estou segura que aínda recordades moitas cousas e senón non pasa nada porque as repasamos.
Antes en galego, fixestes a lectura da introdución do tema. Trátase da unidade 1 " Os seres vivos. Animais" . Agora ides ler a páxina 8.
Logo ides facer a actividade que vos deixo na páxina 3 do seguinte enlace (na páxina anterior tedes un esquema desta primeira lectura)
Recordade practicar un pouco de música e inglés hoxe.
Un saúdo e ata pronto.