Bos días!
Que tal a fin de semana? Esperamos que moi ben!
Queremos recordarvos que o alumnado de 3º podedes enviar os debuxos dos
arcos da vella e dos menús saudables ao seguinte correo:
enviocole@gmail.com
As tarefas para o día de hoxe son:
Lingua Castelá
Un repaso do 1º trimestre. Vai aparecer a palabra substantivos, non vos
preocupedes, significa o mesmo que nomes. Por exemplo a palabra “coche” dicimos
que é un nome común ou un substantivo común.
As solucións da actividade son as seguintes (
déixovolas en lingua castelá ) :
1. Soluciones : abuelo, azul, oso, haber, indio, hilo, almohada, humo, oler, estrella, hueso, hielo, antena, huevo, zanahoria.
2. Sustantivos: Madrid, libro, niño, señora,pastel, dulce.
Adjetivos: inteligente, alto, rápido, alegre, bonita, inteligente.
3. Sinónimos (pueden ser otros) contento, enorme, lejano.
Antónimos triste, pequeño, cerca.
Lingua Galega
Facedes unha sopa de letras dos alimentos. Podedes facela coa imaxe ou online no seguinte enlace:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5270432-alimentos.html
Ciencias Naturais
Completade
o seguinte esquema, para iso podédesvos axudar da páxina 66 do libro, ou mellor
aínda buscar información en intenet ou en libros que teñades na casa.
Esta actividade tamén a podedes enviar ao correo de terceiro.
Recordade que hoxe tamén tedes música e inglés así que practicade un pouquiño a través dos enlaces da web do cole, e mediante as etiquetas do blog.
Un saúdo e vémonos pronto! 🌝